Hai cinco anos iniciamos unha viaxe que chamados «cambio». Desde o anden de saída sinalamos un horizonte que xa é real. Está sucedendo. Estámolo facendo. Durante este tempo, o municipalismo e o feminismo demostraron ser os motores de transformación máis potentes para mellorar a vida das persoas, para construir unha sociedade máis inclusiva, democrática, participativa e diversa.
Máis achegámonos a unha estación en curva, a unha Europa marcada polo avance de dous proxectos que ofrecen dúas caras dunha mesma moeda: a consolidación neoliberal e o avance da ultradereita. Co mapa do aprendido na man, dirixímonos cara unha nova parada onde urxe desenvolver alternativas para articular un proxecto europeo construido sobre a solidaridade e non sobre a loita do penúltimo contra o último. Unha ruta capaz de garantir a democracia, a sostenibilidade, a igualdade de oportunidades e dereitos e o benestar da cidadanía. O novo tren non se deten. Sube á Uni.